Competencia en Lingua Galega
Características del curso
NIVEL 2:
Comprender adecuadamente o contido fundamental de textos escritos sinxelos e producións orais, participar en interaccións orais respectando as normas de convivencia e construír textos sinxelos relacionados coa vida profesional e cidadá, con coherencia e cohesión textuais, e corrección gramatical.
NIVEL 3:
Utilizar a lingua oral e a escrita no rexistro adecuado a cada contexto de comunicación, comprender e analizar producións orais e textos escritos de relativa complexidade, sinalando os diferentes puntos de vista manifestados e a relación entre as diversas ideas expresadas, intervir en producións orais que supoñan unha planificación previa e producir textos escritos de relativa complexidade e de tipoloxía diversa respectando as súas características formais.